XORNADAS NA NATUREZA
Desde o día 17 de Abril
ata o 22, celebraronse unhas xornadas na natureza
organizadas pola Xunta de Galicia e nas que participaron
cerca de un cento de estudantes de (14-18 anos) de toda
Galicia.
As actividades foron:
LUNS
Preto
das 11 da maña saímos camiño hacia Bergondo, onde chegamos
as 14h, con parada en Lugo incluída. O primeiro que fixemos
o chegar foi xantar. Logo, durante a tarde tivo lugar a
presentación, onde se presentaron os monitores e todas as
actividades que iamos facer no transcurso da semana.
Colocáronnos nas habitacións, que eran de sete persoas cada
unha. Como sobrou tempo, fomos o pavillón a facer xogos en
grupos. Cando rematamos fomos cenar e a continuación tivemos
10 minutos libres para subir ás habitacións antes de ter
lugar a ULTRANOITE (actividade programada para todas as
noites e que remataba as 24 h.). Esta primeira Ultranoite
xogamos o Mcgiver (xogo que consistía en superar 60 probas).
Unha vez rematado o xogo fomos ás habitacións e ás 00:30
pasaron os monitores (un por habitación) a falar con nós de
cómo foi o transcurso do día. Por último a hora de Vicente
(silencio absoluto e a durmir)
MARTES
8:30 música a tope para
despertarnos e comezar un novo día. O almorzó era ás 9:00.
Sen dúbida o almorzó era a mellor comida do día. As
actividades de hoxe consistían nunca visita ás Fragas do
Eume e nunha ruta de senderismo pola tarde. Ó mediodía,
repuxemos forzas en Pontedeume e gozamos dunha hora libre.
Logo da actividade da tarde, a ruta de senderismo á Central
Hidroeléctrica, rematamos a excursión coa visita ó Castelo
dos Andrade, desde onde se podía obsevar toda a costa da
Coruña. Regresamos ó Albergue para cear e comezar a
Ultranoite que nesta ocasión consistiu nun xogo de
investigación, no que tiñamos que tratar de averiguar un
homicidio. Ó remata-la actividade leemos o correo onde cada
quen podía escribir cartas a outras persoas sendo anónimas
ou non.
MÉRCORES.
8:30 : música a todo
volumen para despertarnos e ir a almozar. Actividade
programada para a mañá era unha visita a Catedral de
Santiago, amenizada cun xogo de cidade no que tiñamos que
recorrer todo o Casco Vello. Máis tarde déronnos tempo libre
para xantar e dar unha volta. Pola tarde regresamos o
albergue onde nos tiñan preparada unha actividade de ruta de
senderismo en torno o Concello de Bergondo na que tíñamos
que atopar o Mosteiro de Bergondo a través de pistas
pintadas no chan. Esta actividade resultou divertida porque
a mayoría de grupos remataron perdidos. Cando nos xuntamos
tódolos grupos regresamos o albergue para cear. A actividade
da Ultranoite fixémola no pavillón onde nos tiñan preparadas
distintos xogos: 50 x 15, Pasapalabra, Cruza-lo río, Hula
hop…
XOVES.
Música as 8:30. Almorzamos
e saímos as 10 a Vilagarcía de Arousa. Pola mañá visitamos o
porto onde cuidemos ver unha factoría onde nos explicaron
como se seleccionaban as navallas e ameixas. Fomos a unha
praia para facer unhas actividades pero empezou a chover e
non puidemos face-la actividade programada, así que para
xantar leváronnos a un sitio cuberto, onde había moitos
bares. Pola tarde fomos visitar o único barco de vapor de
España: o Hidria II. A bordo del, realizamos un pequeno
percorrido polo mar durante o cal nos amosaron as diferentes
partes do barco e o seu funcionamento. Ó rematalo viaxe
regresamos ó albergue onde ceamos e tivemos libre ata as
11:15, cando nos levaron ata unha mini discoteca preparada
polos monitores con motivo de despedirnos, por ser a última
noite. Leemos o correo e os monitores pasaron sobre as 2:30
a despedirse de nós…
VENRES.
Música as 8:30. Almorzo e
recollida das habitacións. Ó acabar de facer as maletas e
recoller as habitacións fomos o pavillón onde fixemos
distintos xogos. Comemos e ó acabar déronnos unhas enquisas
para avaliar as actividades que realizamos durante toda a
semana. Despedímonos e fómonos sobre as 15:30 h.
VALORACIÓN FINAL
Asistimos Cerca de un
centenar de xóvenes de toda Galicia. A camaradería reinou en
todo momento. As actividades foron variadas e ben
organizadas porque os monitores dedicáronse con
profesionalidade. Fixemos moitos amigos e compartimos
experiencias e coñecementos. Valoramos moi positivamente
esta experiencia e gustaríamos repetila en anos posteriores.
….
|