A FEIRA
IRÁ PARA O CENTRO DE MONFORTE
debate
O día 27 de decembro
celebrouse un pleno no Concello de Monforte no
que se debateron temas varios, entre os que
destacaba o traslado da feira ó centro da cidade.
Este tema viña o pleno como unha moción do psoe
a que se engadiu unha enmenda do pp, na que se
pedía que se estudase ben o tema desde todolos
os puntos de vista, cun estudo serio e
consensuado entre grupos politicos e colectivos
implicados.
Despois dun espinoso
debate no que as veces se falaba de calquera
cousa menos que do traslado da feira, o debate
encouse entre o concelleiro do psoe Sr. Tomé
(que facía de portavoz dos implicados, dos que
leeo unha nota) e a concelleira do bng Sra. Vega
Buján. O final do debate procedeuse a votación
da enmenda, sendo necesario votar duas veces
(feito que non entenderon moi ben parte dos
asistentes o pleno), xa que a Concelleira de
Sanindade tuvo que ausentarse. Na 2ª votación a
enmenda do psoe foi rexeitada tendo que
empregarse o voto de calidade do Sr. Alcalde.
|