Agora cámbiache o conto.
Á algúns galegos, a moitos de os de
andar a pé, seguramente que “conectividade” o
relacionarán con algo picantiño.. Pero non,
trátase de conectar de balde desde calquer lugar
co Internet, por medio dun sistema de ondas
electromagnéticas que é obvio explicarlle as
novas xeracións, pero que, para os da “Terceira
xuventude” se cadra, a maioría non coñecen que
“WIFI” é unha tecnoloxía moderna habilitada para
poder enganchar sen aramios os equipos
informáticos para revisar os correos
electrónicos , facer xestións administrativas,
charlar con alguén (Messenger) e incluso por
videoconferencia si teñen “cam”, ou simplemente
pasalo tempo mentres tomas un café relaxándote.
E digo mentres tomas un café, porque aínda non
en tódolos lugares se pode facer uso deste
servizo, limitado máis ben a establecementos
públicos: bibliotecas , centros de lecer, etc,
pero que xa é oferta nas cafeterías, e que algún
goberno de Concello ten o devezo de estendelo a
toda a Cidade de xeito que, até nos bancos dos
xardíns poidas achegarte co teu portátil e
poñerte a chatear . ¡ Abofé que as ciencias
avanzan que é unha barbaridade!!
Unha das novas formas de engaiolar aos
clientes con melloras nos establecementos de
hostalería, xa non só é a de poder conectar con
Wifi, senón que tamén , instalacións con
ordenadores para facilitar e compaxinar unhas
tapas e uns grolos de viño con este camiño das
comunicacións.
Parecerá unha perogrullada, pero agora as
terteluias nos cafés, bares e cafeterías, son,
de xente soa , que por contra, se atopan moi
xunguidos ao mundo do portátil departindo vía
teclado , e incluso , con Wecam nas distancias
máis longas que acurtan e achegan a imaxe, a
fala, e case que a persoa para que sexa
contrapunto de ver. que, fisicamente están sos
na mesa que ocupan, pero que por contra poden
sentirse coa mellor das vivenzas familiares ,
de amigos, ou de amores , sen esquecer as
empresariales .
Ogallá que, a conectividade, non tardando
chegue á colectividad, como xa hai proxectos de
vangarda nalgúns concellos que loitan polo ben
estar de tódolos cidadáns.para que o uso do
Wifi esté o mesmo que as ondas da radio sen
cables polo vento adiante para que dondequeira
que te atopes enganches a Internet.