monforte de lemos

GERMAN LÓPEZ QUIROGA

Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"

GERMAN LOPEZ QUIROGA

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

 

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

 

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

 

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

 

      ECOLOXÍA DOMÉSTICA CON RIMA

 

        De cando en vez xurden promocións de propaganda espallada con carteis nos contenendores , nos xornais , na radio , e na T.V que tentan informar e formar de cómo hai que  clasificar o lixo, de tal xeito, para que se faga con proveito e para que cooperando civicamente sexa en ben de unha cidade máis limpa  o mesmo tempo que de contribuír a reciclar para non contaminar , e por suposto, tamén , para obter algunha economía que, ó remate, vai a ser para mellora de todos nós., sen  embargo, ¿ chéganos clarexado , sinxelo , e fácil de entender á xente da pé o cómo, e o  qué hai que facer ?

         Coido que non, que non todos sabemos o que é un tetrabrick , en vez de chamarlles envases de cartón para contido de  líquidos de leite, viño , zumes, así como os de lata e plásticos .

         ¿Coñece a xente de que tódolos envases , sobre todo os de cartón e plásticos, que somentes con aplastalos sacándolles as tapadeiras  para que expulsen o ar e logo  tira-los  a cotío, tanto nas vivendas para mete-los en bolsas como  nos contenedores, para recollelas, xa que,  con só facerlle esa operación redúcese a máis da metade o volume, e que por elo caberían moitos máis e moitos menos viaxes e recolleitas nos servizos de limpeza ?

          Polo que vexo nas rúas cando se desbotan e botan  nos contenedores, decátome  que, a maioría, bota os envases vacíos tal e como quedan, ocupando todo o seu volume e que unha porcentaxe grande non sabe o truco tan sinxelo de poñerlle un pé apertando contra o chan  ou a man , para que tan simplemente todo sexa máis doado e máis rendible. Vaian logo estes meus versos para poñerlle rima a unhas normas que poden arrranxar, se cadra, o xeito de colaborar na limpeza do campo, ríos, e da cidade .

 

 

AMAR Á NATUREZA

 

Que fermosa é a nosa gran Natureza

Se con delicado,  pulcro, e doce amor,

Coidámo-lo don, nidio, da súa beleza

Para que luza con brilo e esplendor.

 

Con pureza, coidémolos nosos ríos

coas súas augas limpas, alleas de verquidos 

Pregándolles ós dos outos poderíos

Poñan nelo, máis dos cinco sentidos.

 

Os merdentos lixos,  e os desperdicios,

Clasifiquémolos  en boa  disposición

Trocando nosos irresponsables vicios

En non misturar todo en mogollón.

    

Con agarimo, botémolo ó contenedor

Deixemos limpos de lixos rúas e campo,.

Ríos, fontes , e xardíns que dan fror,

Xa que, limpos e coidados , son encanto.

 

Bosques, prados, soutos de castañales,

Mimémolos; tamén rastroxos e pinares

 Montes, corgas,  barbacoas  e toxales,  

De lumes, gardémo-los cos máis cabales.

  

As colillas e cristales, non tiremos,

Campiñas, fontes, regatos ríos e mar,

Con limpeza, e sen venenos coidaremos,

E así, seremos ecoloxistas .sen par. 

 

  Xermán López Quiroga. 

_____

gifVOLVER