monforte de lemos

GERMAN LÓPEZ QUIROGA

Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"

GERMAN LOPEZ QUIROGA

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

 

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

 

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

 

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

 

 

FAME NO MUNDO

 

hambre en el mundo hambre en el mundo

 

     Nacións Unidas non fai moito tempo que anunciaba e denunciaba que , máis de mil millóns de persoas en todo o mundo apenas teñen para mal comer.. A crise remata coas reservas dos  países máis ricos, fáltalle solidariedade, sóbralle indiferenza e precisa de teima para arranxar medianamente as desigualdades humanas. Parece ser que,  á maioría non lles importa outra cousa  que non sexa  a de medrar con bens desmedidos pechando os ollos a todo o que nos está evidenciando da miseria que hai ó noso carón , pasando páxina si no lo din os xornais, ou trocando de canal si as escenas saen conmovedoras de xente esquelética e morrendo de fame.sen pararnos a reflexionar no que tamén atopamos polas rúas , prazas e pórticos das igrexas , contenedores dos supermercados etc..   A inmensa maioría dos cidadáns poñen a coraza no corazón para non facer aprecio nin querer escoitar os pregos dos que mendigan unha esmola para levar un bocado de pan ó papo para eles ou para a familia míuda que non tiveron a sorte de nacer con quen lles poida dar de comer e un treito onde durmir,do que lles hai que botar en cara , xa non digo á xente de andar a pé, senón a os gobernantes, que uns máis e otros menos , pero que , de dereitas e esquerdas, que tanto loitan por estar no poder, non fagan por remediar o de que a humanidade sexa un chisco máis xusta no reparto da riqueza con menos ricos e menos pobres , con comunismo ou con comunión , porque de fame e miseria está o mundo ateigado polas desigualdades humanas, mentres na morea de fogares dalgúns continentes  desenrolados se acugulan de luxos e de vaidades que para nada valen sen´çon para presumir , e non digamos do devezo desmesurado de trincar para que cada vez , corruptamente sume a lista dos xa multimillonarios que apuñan cantidades e propiedades ostentosas que arranxarían a fame da  outra metade e  aínda lles quedaría para ir ricos ó pasamento    , cousa que non é vantaxe ningunha,   xa que non lles cabe no equipaxe final.

 

.    Naturalmente que hai xente pelexando por que cada vez haxa  máis xustiza social e distribución máis equitativa da riqueza,  e que non todos os políticos son corruptos  e que pouco se fala,  dos que  non habería, se non houbese empresarios da mesma calaña que  lles fan o caldo gordo..

     Non se pode aconsellar que coma menos a quen está morrendo de fame.

 

_____

gifVOLVER