monforte de lemos

GERMAN LÓPEZ QUIROGA

Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"

GERMAN LOPEZ QUIROGA

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

 

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

 

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

 

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

 

  

 A UNHA ÁRBORE

 

 Baixo unha árbore cansado

De corroída corteza.

Síntome namorado

De toda a Natureza.

 

Espértanseme os sentidos,

A ialma se me espereza

Respiro aires tranquilos

Despéxame a cabeza.

 

Dáme sombra no calor

Dáme calor no inverno

Dáme verde, o seu color,

Dálle lume ó inferno.

 

Dá a flor en primaveira,

Arrecendo do mellor

Dá de calquer maneira,

Tronco ramas e esplendor.

   

 

Límpanos de lixo o aire

Dá madeira ó noso lar

Menease con donaire,.

Fai nel, o vento zoar.

 

E cando o vento move a súa copa ,

Fálame da dor das carballeiras.

Dos soutos, piñeirales e fragas

Que berran e tremen das talas

Das desfeitas e das pragas,

Do monstro    das fogueiras  

E das queimas desmadradas. 

 

¡Non os deixemos “prantados” ¡

Abracémolos con agarimo

non se sintan desalmados

por non darlles noso mimo. 

 

 

Xerman Lopez Quiroga

Monforte de Lemos setembro de 2005

 

 

 

A GAITA RI , A GAITA CHORA

 

Soaba alegre a gaita

con son e ar de ledicia.

¡Que doce soaba a gaita

lembrándonos a Galicia.!

 

Soaba no noso  corazón

con alegría e tristura.

¡Ten dobre sentido o son,

e mesmo canta que chora!

 

A gaita é un instrumento

que cando o sentes tocar

fai reloucar de contento,

e fai cantar, e fai chorar.

 

E escoitas doce o seu soar

 e dá saudade e ledicia

cando  te pos a escoitar

as melodías da Galicia,

 

E brincas ledo  cun bailar

ca música feiticeira

cando sentes repenicar

as notas da muiñeira. 

 

Con tambor acompasada

Na nosa terra galega

ri e chora, nunha foliada

para nós lembrarnos  dela. 

 

E se lonxe estás da Terra

ou moi perto, se estás nela,

 non sabes se toca ou berra

¡que os galegos volvan a ela! 

 

Homenaxe hai que lle render

á gaita e mailo gaiteiro,

ó fol, ronco, e punteiro

 que fannos Galicia querer

ós galegos no mundo enteiro.

 

Maio de 2005 Día das letras galegas

Xermán López Quiroga

 

_____

gifVOLVER