monforte de lemos

GERMAN LÓPEZ QUIROGA

Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"

 

 

GERMAN LOPEZ QUIROGA

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

 

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

 

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

 

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

 

  

 FESTA DA VENDIMA    

VENDIMIA

 

 

     Ante a favorable tempada de sol que este ano deu brillo e quentura ás terras da RIBEIRA SACRA,  adiantouse o elemento esencial para madurar , dar azucre , e dar alcohol ás uvas da colleita do 2009  tratadas con esmero e mimo nas diferentes variedades de branco  e tinto  que van a ser os caldos que dan fama e honra a estas ribeiras heroicas que, ano tras ano, collen pulo de espallamento de calidade, xuntamente cos demais produtos da denominación de orixe que  son motor da promoción turística que levan etiquetado  nos viños sacros desta singular Ribeira.

 

    De por si as campañas do Consello Regulador , do Consorcio e Institucións ,  están a traballar en todos os eidos  de comercialización que, dada a excelente calidade e aceptación de quen os cata e visita esta bisbarra , queda prendido e  prendado, facéndose consumidor entusiasmado ó regar co viño  a gastronomía dos nosos manxares que xa os Césares descubriran nestas paraxes de beleza e clima ideal.

 

  Coido que coas medras que dunha tempada a outra está a ter o turismo e as vendas dos exquisitos viños, non sería desatinado  como fan noutras cidades ( en Mendoza (Argentina) de acreditados viños con proxección  internacional,) de crear , por todo o alto, a FESTA DA VENDIMA,  dedicándolle unha data con sona salientable que se espalle fóra das nosas fronteiras,  consistente en organizar un gran evento no que participen todas as zonas vitivinícolas , e subzonas  do Consello Regulador , Concellos  e  Deputacións das provincias de Lugo e Ourense,   facendo unha festa rachada e   dándolle un realce espectacular con desfile de carrozas alusivas engalanadas con reinas, séquitos e mostras dos produtos con   elección de “Raíña da festa” na que cada bisbarra representativa concurrise a dar esplendor e promoción superior , incluso completada con algún espectáculo atracción de fama e caché de primeira liña, por suposto , nas rúas e prazas de Monforte de Lemos, como capital  das ribeiras,  simbolizando e exaltando  a festa da vendima. Lembro, por exemplo, o desfile de carrozas das Reliquias, que tanto éxito tivo , retomando deste xeito.

 

   Quizais o día grande das Festas Patronais, 15 de Agosto, puidera ser a gran data, para  con xente que inunda Monforte , expandir, fama de  produtos  e paisaxe paradisíaca que temos  na “RIBIERA SACRA”

 

 

 FESTA DO VIÑO NOVO

 

 

         Castañas e viño novo, tamén noces, poderíamos dicir que son os froitos de festa gastronómica que nas datas de “Santos” e coa entrada do outono son época dos magostos nas adegas e nas casas por tradición  para ser ben regados cos grolos de viño que este ano o sol lle deu azucre, e que,  aínda coa agulla ,  traguiño a traguiño, nos sacará as penas da crise, mentres se murchan as follas nas cepas de amarelo e as árbores se quedan  sen elas ata o San Martiño trocándose a paisaxe encores de ocre o mouro.

 

         Neste intre, acéndense as fogueiras e rube dereito o fume dos magostos  o pé dos penedos  e  debaixo dos castiñeiros  coas polas xa espidas,  axúntanse  os mozos e mozas  do rural  que brincan, troulan e reloucan..

 

         Bótanse as castañas a asar ó lume, as pobres castañas que caeron dende a boca pasmosa dos  ourizos, que ata que non teñan o coiro ben churrascado non deixarán que se lle saque a pel., dándolle voltas e revirivoltas con contos  da xente que fala,. ri, e os vasos do viño fan empezar as cantigas , e un vaso vai e outro ven , en unhas cantigas van dereitas o corazón e outras pérdense polo vento.

 

          Os xerros quedan baleiros,  e as mozas  afunden  as mans na borralla facendo que collen os bullós como se fosen procurar as castañas, e cunha presa de cinza fréganlles a faciana aos mozos.

 

         O lume empeza a esmorecer, e os corpos a quentarse, dos  brancos e tintos,  e as cantigas a coro,  xa non concertan  ben; as botas e os garrafóns xa non pingan e as gorxas están   roncas co lume apagado, pero  o corpo alegre cos grolos da ledicia do sagrado viño da nosa Ribeira Sacra..

 

      Non sei da tradición dos magostos nos carros do país ,  pero paréceme que anque  con polémica , benvida sexa  esta exaltación da  1ª edición do Outono, “FESTA DO VIÑO NOVO”  que patrocina o Concello , CCU e panadeiros , cos  produtos do país , (castañas, pan , xamón , touciño e chourizo) no día 31; pola mañá,  na Praza da Estación  e no serán,  na praza de España e Rúa do Comercio en Monforte , ben regada co viño novo  debera ser salientada e de sona para que  sexa espallada fóra das terras de Lemos.. 

 

       ¿ Para cándo a gran festa  “RIBEIRA SACRA” con carrozas das Zonas e Subzonas con  mostra dos seus produtos e elección de Raíña ?

 

 

 

 

_____

gifVOLVER

 

 

curriculum