Non fai moito tempo de
que a Xunta de Galicia publicaba un fermoso
libro “Palabras da terra”.belamente ilustrado
con motivos e paisaxes ribeiraos maiormente
dedicados aos adegueiros das denominacións de
orixe que etiquetaban as botellas en galego á
vez que se facía, deste xeito, colaborar en
expandir a nosa lingua galega .
A
semente está botada ,e de en ano en ano, agroman
os produtos galegos con etiqueta na lingua
propia do noso país e xa son morea os sectores
económicos comerciais que prefiren utilizar o
galego como etiquetaxe de identidade,xa que
nesto atopan un valor engadido tanto no mercado
interior como cando son exportados ,e xa non
soamente son os viños, senón que tamén as augas
minerais, o mel , os produtos cárnicos, a
agricultura ecolóxica, o leite, patacas,
augardente ,peixe e marisco ,etc. por que o
galego ten presenza como mellor indicador de
orixe, na etiquetaxe que garanta a
autenticidade, decatándonos que, a nosa´lingua
milenaria, antes ó contrario, non constitúe
obstáculo senón que máis ben é un sinal de
singularidade e diferenciación do mercado
global, podendo ser recoñecidos máis facilmente
os produtos polos consumidores.
Sen
dúbida, o mercado de fóra de Galicia coas
etiquetas en galego poden ser entendidos como un
indicador da súa excelente calidade.
Na
publicidade actual de gran consumo é frecuente
asociar as mercancías dun xeito que figura
poderse entender sen máis, como que os
perfumes e cosméticos de fama son franceses,,
que os whiskys , a roupa e calzado deportivos
de que sexan ingleses, ou que as navallas e
coitelos sexan de Taramundi, co cal estes
estereotipos axudan a construír imaxes positivas
de identidade o mesmo que é condutor dinamizador
do espallamento e promoción do idioma galego
habendo milleiros e milleiros de consumidores
que sinte coa etiquetaxe a morriña e a nostalxia
da paisaxe e da terriña , e os que non son dela
atopan o prestixio de tantas e tantas cousa de
que saben que , para comer e beber de Galicia
teñen que ser .
A
etiquetaxe en galego e garante de identidade e
podería aumentar o consumo e facer campaña para
o resto de España.