GERMAN LÓPEZ QUIROGA
Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"
Naturaleza Jardín botánico Rutas por la naturaleza Ruta de senderismo Monforte y Entorno Monforte en la historia
Proyectos y actividades Proyecto Comenius Actividades A Pinguela Riaca
Fotos
Vuestras fotos
Foto impacto
Enlaces Prensa, radio y televisión Enlaces / links Medio Ambiente
Foro Jrcasan
Servicios Trenes , autobuses y avión E l tiempo Prepara tu ruta Cartelera de cine Mapas del Mundo Traductor (textos y webs)
HOMENAXE A MARIA MARIÑO
Courel (Pontón)
(No 40 pasamento)
Para ti María Mariño
Nesta fermosa paraxe
Quero con todo cariño
Sumarme a túa homenaxe.
Xunguido ao meu corazón
O teu “Palabra no tempo”,
Escondido nun rincón
Dáme a min, vida e alento.
Filla de Noia, e do Caurel
Cos versos fuches cantando
Facendo coiles verxel,
Ceo de estrelas brilando
Verbas, ti ías cosendo
Co agulla da costureira
E deixáchelo arrecendo
Da poeta cociñeira-
Mainiño, tamén, labrando
Unha xoia primorosa
E cos teus fíos bordando
Poemas en verso e prosa
E neles , mirábate a lúa
E facía caricias o vento,
Puntadas da vida túa
Cosidas pro meu contento
Fuches cantora da Terra
Cos teus versos trobadores
De serradores, da Serra
Vivenzas dos teus amores
Cantácheslle a auga, ea braña,
Ós ríos, fontes. e gaiteiros
A xente desta montaña
Ós músicos feiticeiros
Nesta terra tan fermosa ,
Nela, como dedo ó anel
Como a roseira á rosa,
Filla adoptiva do Caurel..
Soíña, no teu silenzo
Coa forza do teu poder,
No corazón do teu ser
Levaches, do fin ó comenzo,
Ó Caurel no teu querer.
Pontón de Fereirós
19.de Maio de 2007-05-15
_____
VOLVER