monforte de lemos

GERMAN LÓPEZ QUIROGA

Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"

GERMAN LOPEZ QUIROGA

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

 

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

 

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

 

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

 

  

SANTOS E DEFUNTOS

 

 

 

                    A festa do Día de Santos, e do Día de Defuntos, son días tradicionais, de festa de castañas   e honra nos cemiterios , primeiro encetando cos magostos  que este ano se adianta en  Monforte o dia 31 na Estación pola amañan e na Praza de España  e rúas que converxen nela polo serán    co gallo de nacer a  festa de Outono para facer a Festa do Viño Novo.

 

   De seguido despois de Santos, ven o dia de Defuntos para facer culto aos que se foron  non se sabe moi ben onde, pero si, que os seus corpos xacentes, o u en cinzas,  permanecen cheos de paz . Nesta data, visítanse, e bríndanselle ramos de flores e medran as ganancias dos produtores e florarías ( que non lles ven nada mal) e enternécense os corazóns dos seres que, polos seus quereres conmemoran a súa ausencia de haberse ido para sempre, facéndolle unha homenaxe póstuma que, para algúns , tal vez houbese sido máis agradecida en vida .

 

 Moito evolucionou a forma e costume de homenaxear aos que xa non están, mesmo con flores de moda; e moito trocaron tamén os soterramentos á hora das pompas fúnebres , e non digamos a gama de relixións cos seus rituais indíxenas, pero que sen ir máis lonxe, agora témolos máis cerca e moi variados, desde a hibernación, o embalsamento, a cremación ,  etc. Este último parece ser que se está impondo ao ser reducido todo a cinzas que, de distintas maneiras desfaise un delas ou consérvanse en cofres, caixas, urnas, espallamentos , e mesmo creo, que en Suíza, poden convertelas, polo carbono que teñen, nun diamante  que é o xa non vai máis da inmortalización , xa que son pedras preciosas imperecedeiras.

 

   Eu non quero  martirizar a ninguén nin seguir mandando despois desa  viaxe deixando desexos e testamentos para que outros cumpran sen podelo eu comprobar nin gozar, pero posto a imaxinar, si que me gustaría que as miñas cinzas, caso de te-las, nunha noite de lúa marabillosa e de festa rachada, fosen metidas nun foguete de pirotecnia de potente subida para velas eu desde o ceo e que en luces de cores se dispersaran en honra dos que me sucedan , posto que o fin io cabo.  “ si polvo eres, polvo te reverteris”máis pó namorado para que cos lumes de cores poñer o firmamento iluminado esperando. por moitos anos,que suban os que comigo estiveron.

 

_____

gifVOLVER