monforte de lemos

GERMAN LÓPEZ QUIROGA

Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"

GERMAN LOPEZ QUIROGA

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

 

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

 

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

 

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

 

  

 

 

O TEMPO

 

                         Moito habería que falar do que é o tempo e de como medilo , por que todo é moi relativo segundo  e como se mire e nas circunstancias. Un século ou un milleiro de anos poden pasar sen decatarse e un minuto hai intres que pode parecer infindo.

                       Por outra banda , a cotío estamos a ver e escoitar como os partes metereolóxicos  son , con moito, os máis desexados e de maior audiencia xa que para todos o saber anticipado a climatoloxía para calquera  acontecemento, é fundamental para garantir o éxito do traballo a facer ,  dunha festa, e de morea de xurdimentos que son dependentes de cómo en cada época ten que estar axeitado para o desenrolo do plan desexado.

                    Pero si isto é como é, moito habería que dicir, inestimablemente, da información que desde os satélites recopian para adiantarnos, con varias datas de antelación en termos xenerais,  o estudo case perfecto do que nos vai chegar previsto en chuvascos, borrascas, calor vento etc., nembargantes, no que aínda hai moito que afinar é, no eido de concretar moito máis en precisar por provincias e bisbarras, en diagnosticar puntualizando, xa que non vale dicir “choivas en Galica, cando do  Sur ó  mesmo litoral hai un abismo ,  e nada que ver Sanxenxo coa Lanzada nin a montaña co val, nin Lugo con Monforte e moito menos si pensamos en Santiago, e aunque pareza banal , un pronóstico  desaxeitado e desatinado , sobor de todo, no verao, trae consecuencias económicas importantes para o turismo e os sectores da hostalería ó distersionar a verdadeira temperatura atopándose moi perxudicadas por tales predicións pouco consecuentes ou por ser tan xeneralizadas .  

.  Sei de moita xente que ven a Galicia mentalizada de estar a chover os máis dos días , e veñen e vanse sen abrir  o paraugas  e sen estrear o chuvasqueiro.

                    Sen dúbida , o mellor do tempo sempre é a primaveira , que tarda en chegar porque  ten que pasar primeiro o inverno, pero que seguro remata chegando , e o mellor dos “Homes do tempo·” sería que puidesen axustar con más detalle onde e cando chove no verao . No inverno seguro que chove a cántaros pero tampouco non en tódolos lugares.

            Agora xa non fan falta rogativas nin o “Repertorio Galego” son os “Homes do tempo” os que mandan chover.          

 

_____

gifVOLVER