Non fai moito
tempo que falar da Formación Profesional ou da
Terceira Idade , tiñan un tinte peiorativo como de
marxinación ou de ser xente , digamos que , de
segunda clase, por non acadar estar no nivel , dos
listos uns , e dos mermados outros, pero que os
tempos xa son outros e as calificacións ruben até
non estar cuestionados , nin por estudos nin por
vellos .
No edificio de
lecer da Terceira Idade de Monforte, . sito no
Malecón , que por casualidade está xunguido case que
ó carón do IES Daviña Rey , que xá, oficialmente, é
Instituto de Ensino, non obstante, o da Terceira
Idade está convertido agora tamén en escola de artes
e “universidade,” dado que nel patrocinados polo
Concello se imparten clases gratuitas de pintura,
ximnasio, teatro, manualidades, “Coñeza
Monforte”, de terapias, informática , de bailes de
salón , peluquería etc, sen deixar de lado a
cafetería con xogos de naipe, dominó, TV ;. e agora
tamén, suculentas comidas por só 6. 75 Euros , con
pratos caseiros, pan postre e viño . Entón,
aquela vida nostálxica de soidade que embargaba a
xente xubilada , converteuse en xúbilo e nunha das
etapas da vida para acadar máis experiencias e
coñecementos útiles con prácticas tecnolóxicas, de
arte e literatura que fan que a senectude sexa
xuventude , e que coido que xa, co desenrolo
acadado lúdico- literario .e de artes, xuntamente co
coidado da saúde, habería que ir pensando e darlle
un grado máis de valoración e ascender un escalón a
Terceira Idade creando unha Cuarta , e trocándolles
os nomes convertedos en escala de xuventudes das
distintas etapas , xa que, demostrado está que hai
xóvenes anciáns e anciáns xóvenes e tamén que todos
queremos chegar a vellos pero que ningén quere
selo. .
Hai que romper
unha lanza en favor das políticas sociais dos
Gobernos, entidades e fundacións que atenden e
entenden máis alá da vida laboral , coas súas
subvencións e leis, pero tamén especialmente un
merecemento ós rexidores actuais do Concello que,
dalgún xeito, entre todos, fan posible que o
Centro da Terceira idade do Malecón, sexa como
unha “mini universidade” de aprender para alongar a
vida sen saudade, con saúde e con actividade.
Non esquezamos que
para chegar aos cen:,:Pouco prato, moito zapato,
exercicio, . diversión, e sempre ocupación