monforte de lemos

GERMAN LÓPEZ QUIROGA

Escritor y poeta monfortino, que forma parte del grupo de poesia "Poetas da Ribeira Sacra"

GERMAN LOPEZ QUIROGA

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

 

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

 

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

 

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

 

  

 UNHA VIAXE NO TEMPO

   

estacion de canabal

 

    Perante  60 anos  no tempo, de cando en vez,  vou e veño de viaxe entre Monforte de Lemos e A Coruña.As máis das veces en tren ..

    Na década dos 60, ía  con máquinas de vapor  e coches de madeira, cando as parellas de condución, metendo carbón  para pasar o túnel de Oural subindo, asfixiábanse de calor e fume ata o punto de ter que poñer toallas molladas ó redor dos condutos respiratorios para non desfalecer mentras non se podía  respirar oxíxeno na boca de saída.do túnel. E os viaxeiros, pouco menos coas ventanillas pechadas.

 

     Nestas datas, os medios de seguridade, de freado, señalización  e instalacións eran do máis elemental e rudimentario con pasos a niveis con gardabarreiras, cambios de agullas de marmitas, e ata nalgunhas estacións alumeado con quinqués  de petróleo.

 

     Recentemente , por xentileza e porque quizais a miña vocación de sempre foi o Ferrocarril, concedéuseme viaxar un anaco na cabina dun tren “camello” dos de agora, pero que por certo xa está obsoleto e a punto de ser retirado por caduco, pero que a evolución no transporte en comodidade con  confort, . seguridade e puntualidade , é abismal.

 

     As instalacións na vía , en estacións , e pasos a nivel, agora,  están todos balizados por sensores que transmiten información á cabina dos maquinistas, preventivamente, indicándolle a posición de vía libre ou parada, ou si os pasos a nivel  están debidamente cerrados, tendo que acusar recibo, por medio de pulsadores, de haberse enterado, que  en caso de non facelo, se dispararía o enfrenamento   de xeito que non poida haber accidentes nin incompatibilidades de choques con mesas de control centralizado. Todo unha gozada , programando  de ordenador ata a megafonía, avisando das paradas cuxo control vai na conta das voltas que dan os eixos das  rodas para falar os avisos.

 

     De pena é,  e  dá,   a conservación dos edificios tradicionais dalgunhas estacións rompendo coa súa estética de antigüidade, incluso,  tapiando ventás con pranchas de ferro  . Lémbraseme  a estación de Canabal que é unha verdadeira xoia arquitectónica tradicional , no estado de abandono deplorable  que se atopa, podendo ser monumento  recuperable para as rutas da bisbarra,  agora que está con cartos o plan Europeo FEADER ,  para investir no desenvolvemento da RIBEIRA SACRA..que ademais ten  un tren GALAICO EXPRESO , a vapor, e coches tradicionais que son un luxo   de Museo,   envidiable  de todo España.,

 

Renfe en Monforte

   enlace

_____

gifVOLVER