O barrio de Carude é un
dos máis antigos da cidade de Monforte, ademáis tamén é un dos
barrios máis activo e dinámico.
Este ano 2008 non tiveron
as festas que na hora de San Lazaro celebran todolos anos, pero non
por eso deixaron de ser activos e foron capaces de mobilizar ós
veciños para tentar de facer un album fotográfico con fotos antigas
do barrio. Moita xente acudiu a chamada e cedeu as suas fotos
familiares para que lles fixeran unha copia para facer unha
exposición os días 8 e 9 de marzo. O longo do tempo que as fotos
estuveron expostas foron moitos os monfortinos que pasaron a
recordar tempos, vendo a moitos coñecidos e amigos cando eran novos.
Feliciatacións para as
persoas do barrio de Carude que cederon as fotos, e por suposto para
a persoa que as recopilou e con grande esforzo foi capaz de montar a
exposición, pero o máis importante é que se logrou recopilar una
gran cantidade de datos da historia de Monforte a traveso dun dos
seus barrios máis antigos, "CARUDE". Mostramos aquí unha pequena
cantidade das moitas fotos que se expuxeron e recopilaron para a
historia de Carude.
ALBUM FOTOGRAFICO DE CARUDE
1,
2,
3,
4,
5,
6, 7,
8,
9 |