Nas xornadas do simposio O mundo urbano na historia de Galicia,
Felipe Aira Pardo analizou a evolución da cidade de Monforte o
longo do tempo.
Felipe Aira puxo de manifesto a
existencia de importante documentación histórica que permite seguir
a evolución de Monforte, especialmente a partir do século XIV, que
desde cando se ten máis documentación. Grazas aos topónimos
das nosoas rúas precisou Felipe Aira, pódese saber, entre outros
detalles, onde se encontraban en determinada época os obradoiros dos
zapateiros e dos ferreiros e onde se vendía a leña ou a carne. Dado
que a trama urbana do barrio intramuros e dos seus arredores
manténse en boa medida na actualidade.
Felipe Aira tamén comentou os detalles da evolución
do ponte vello, da zona de San Antonio a traveso do seu cruceiro, da
rúas de extramuros, como Carude, Os Chaos, Ramberde, etc.