Ruta dos Muiños Ó San Mateo o 21 de setembro pola Ruta dos Muiños e gaña unha viaxe a Tunez para duas persoas por 7 dias
Este ano poderase ir o San Mateo o día 21 de Septembro andando pola RUTA DE SENDEIRISMO "DOS MUIÑOS", xa que despois de abrila (Campos de Traballo e o Concello) e señalizada e adecuala (Departamento de Bioloxía do IES A Pinguela), a Concellalia de Medio Ambiente do Concello de Monforte voltou a limpala e adecuala para que se poda facer esta fermosa RUTA sin ningún tipo de poblemas. Ademáis este ano o Concello de Monforte aposta decididamente pola sua recuperación, facendo unha ampla publicidade da misma, editando dípticos o tempo que anima os monfortino a asistir o San Mateo por esta ruta e para elo sorteará entre os que cheguen a festa por este camiño unha viaxe para duas persoas a Tunez de sete dias de duración. Lembrade que esta RUTA pode inciarse desde diversos puntos, asi ainda que se inicia no Parque dos Condes, podemos empezar a camiñar no Clube Fluvial, en Vilanoba, (este ano o Concello propón iniciala desde a area de esparcemento de Ribasaltas), ou na Presa da Compañía. Animamos a todos a que realicen esta RUTA, a bon seguro que lles vai gostar e disfrutaredes das paisaxes, flora, fauna e ainda da sua xeoloxía, arqueoloxia e historia. (vaise pola marxe ezquerda ata Ribasaltas e na presa da compañía subese polo monte ata A Parte (marxe direita), logo dende o campo da festa voltase pola marxe ezquerda do río.
| ||||