1. Prohíbese botar á vía pública todo tipo de residuos como cabichas,
pelas, papeis, bolsas ou calquera outro desperdicio similar. Quen
transite polas rúas, prazas, xardíns e outros espacios libres
públicos e queira desprenderse de residuos de pequena entidade, como
os anteriormente mencionados, utilizará as papeleiras instaladas
para tal fin.
Artículo 30.
Con carácter xeral, para a boa conservación e mantemento das
diferentes especies vexetais das zonas verdes, non se permitirán os
seguintes actos:
a) Toda manipulación realizada sobre as árbores e plantas.
b) Camiñar polas zonas axardinadas acoutadas.
c) Pisa-lo céspede de caracter ornamental, introducirse no mesmo e
utilizalo para xogar, repousar ou deitarse sobre el.
d) Cortar flores, polas ou especies vexetais.
e) Talar, apear ou podar árbores situados en espacios públicos sen a
autorización municipal expresa.
f) Aclarar, arrincar ou partir árbores, pelar ou arrinca-las súas
cortizas, cravar puntas, atar os mesmos escaleiras, ferramentas,
soportes de andamiaxe, ciclomotores, bicicletas, carteis ou calquera
outro elemento nin gabear ou subir ós mesmos.
g) Depositar, aínda de forma transitoria, materiais de obra sobre as
árbores, ou verter nelas calquera clase de productos tóxicos.
h) Botar en zonas axardinadas lixo, residuos, cascotes, pedras,
papeis, plásticos, graxas ou productos cáusticos ou fermentables ou
calquera outro calquera outro elemento que poida dana-las
plantacións.
i) Prender lume, calquera que sexa o motivo en lugares que non
estean expresamente autorizados e non teñan instalacións axeitadas
para facelo.
Artigo 45.
1. As persoas que conduzan cans deberán impedir que estes realicen
as súas dexeccións nas vías e espacios públicos. O Concello poderá
habilitar zonas específicas para o efecto.
2. No caso de que as dexeccións queden depositadas en calquera lugar
público, dentro do núcleo urbano e fóra dos lugares habilitados para
tal fin, se os houbera, a persoa que conduza ó animal estará
obrigada á recollida e limpeza das dexeccións que, debidamente
empaquetadas, serán depositadas en papeleiras ou contedores de lixo.
3. Do incumprimento do establecido neste artigo serán responsables
as persoas que conduzan ós animais, sexan ou non propietarios dos
mesmos, e subsidiariamente os propietarios dos mesmos.
Artigo 62.
1. O depósito dos residuos sólidos urbanos farase obrigatoriamente
de xeito selectivo nas rúas onde existan os contedores específicos
que se sinalan a continuación, nunha distancia máxima de 200 metros
do domicilio dos posuidores. Dito depósito farase obrigatoriamente
do seguinte modo:
- Contedor verde: Materia orgánica e residuos que non poidan ser
reciclados.
- Contedor amarelo: Envases e residuos de envases lixeiros (envases
plásticos, latas e envases de tipo brik).
- Contedor Iglú Verde: Só vidro.
- Contedor azul: Só papel e cartón.
- Contedor de pilas: Só pilas usadas.
2. Deberán depositarse no Punto Limpo, nos contedores
correspondentes, os seguintes tipos específicos de residuos:
a) Fluorescentes.
b) Vernices, pinturas e residuos de pinturas.
c) Aceites pesados procedentes de coches, tractores e vehículos de
motor en xeral.
d) Aceites domésticos.
e) Baterías.
f) Aparatos metálicos (neveiras, lavadoras, cociñas,
electrodomésticos en xeral, somieres e similares).
g) Obxectos de madeira e outros obxectos (sofás, camas, armarios,
colchóns e outros similares).
h) Outros residuos sólidos urbanos que non sexan susceptibles de ser
reciclados e se sinalen pola Alcaldía ou pola Concellería
competente.
3. Ademais de poder depositarse no Punto Limpo, os servicios
municipais recollerán os residuos sólidos urbanos especiais
descritos nas letras f) e g) do punto anterior coa periocidade e nas
datas que se sinalen pola Alcaldía, tras solicitude dos interesados.
Artigo 63.
2. Nun e noutro suposto o
lixo e desperdicios depositaranse en bolsas pechadas e non poderán
ser deixadas nos contedores ou na vía pública, antes das 19:00
horas.
3. Prohíbese depositar o lixo nas datas que o Concello indique como
inhábiles do Servicio, o que se comunicará coa antelación precisa.
Artigo 77.
As persoas que necesiten desprenderse de animais mortos enterraranos
en lugar apropiado debendo indicar ós operarios municipais a causa
da morte, co fin de que se adopten as medidas sanitarias pertinentes
na súa eliminación; antes de enterralos, deberán obter o permiso
Municipal ou sanitario correspondente. Se coincide día inhábil a
comunicación á Autoridade competente, poderá solicita-lo permiso o
seguinte día hábil.
Artigo 94.
1. Queda prohibido
repartir ou lanzar carteis, folletos ou follas soltas, luxando os
espacios públicos e a colocación de publicidade en lugares non
autorizados.
3. Os folletos
publicitarios depositaranse nas caixas do correo ou lugares
designados por cada comunidade, nunca por debaixo das portas ou de
forma que se poidan esparexer pola vía pública.
Artigo 104.
Sen prexuízo de que determinados feitos dun lugar a responsabilidade
penal ou de que a lexislación sectorial estatal ou autonómica fixe
outra tipificación;
1. Considéranse Infraccións Leves:
a) A falta de limpeza das rúas particulares ou outros espacios
libres do mesmo carácter.
b) A falta de limpeza nos solares, sen prexuízo do establecido na
lexislación urbanística.
c) Botar desperdicios á vía pública así como realizar as operacións
prohibidas no Artigo 7, agás cambia-lo aceite e outros líquidos ós
vehículos, que terá a consideración de grave.
d) O incumprimento das disposicións en materia de limpeza, nos
supostos do Artigo 9.
e) Non manter en constante estado de limpeza as diferentes partes
dos inmobles que sexan visibles desde a vía pública, sen prexuízo do
establecido na lexislación urbanística.
f) Expoñer alimentos ou outros productos comerciais na vía pública
ou vehículos, agás postos autorizados para o mercado ou venda
ambulante.
g) Deixar na vía pública residuos procedentes da limpeza de
escaparates, portas ou toldos de establecementos comerciais.
h) Raspar, luxar ou arrincar carteis ou anuncios colocados nos
lugares autorizados ou colocalos en lugares non autorizados, neste
caso aplicarase a falta por cartel.
i) En relación cos recipientes herméticos e baldes (contedores)
normalizados: a falta de coidado cos mesmos, colocalos na vía
pública ou retiralos fóra do tempo establecido, utilizar outros
distintos ós autorizados, quitar lixos que os desborden, etc.
j) Deposita-lo lixo e os desperdicios sen bolsa nos contedores ou na
vía pública.
k) Deposita-lo lixo fóra do horario autorizado.
l) Utilizar os contedores de recollida selectiva para depositar
residuos domiciliarios distintos dos específicos para cada contedor.
m) Non circular cos cans suxeitos con cadea, correa ou cordón e
colar con chapa identificativa e sanitaria.
n) Non circular con cans provistos de bozo cando a súa natureza
perigosa e as súas características o fagan necesario ou cando fose
ordenado pola autoridade municipal.
o) Non proceder á limpeza das deposicións dos cans en lugares
públicos por parte da persoa que o conduza ou, en defecto desta,
polo seu dono, así coma, non impedir que os cans fagan as súas
deposicións en lugares destinados ó tránsito de viandantes.
p) Introducir ou manter cans en establecementos ou lugares públicos
incumprindo as prescricións a que se refiren os Artigos 45 e 46.
q) Dar comida ós animais na vía pública nos termos expresados no
Artigo 46.
r) Non manter en adecuado estado de funcionamento por neglixencia a
totalidade das medidas correctoras contra a contaminación impostas a
unha determinada actividade, ou a realización casual de
contaminación por non ter adoptado as medidas correspondentes,
sempre que sexa a primeira vez que o infractor incorra nesta
conducta.
s) Deixar os residuos ou as bolsas de lixo fóra dos contedores
sempre que non se atopen saturados.
t) Deixa-las caixas de cartón fóra dos contedores azuis ou
soterrados sen pregar ou introducilas do mesmo xeito, sempre que nos
contedores haxa capacidade suficiente.
u) Usar bicicletas nas zonas non permitidas de parques e zonas
verdes.
v) Tirar a auga dos baldes de limpeza na vía pública.
w) Realizar pintadas, graffitis, etc. en mobiliario urbano, bambáns
(xogos infantís) ou en lugares non destinados para tal fin.
x) Deixar publicidade (panfletos, etc.) nos limpaparabrisas de
vehículos estacionados na vía pública ou tirala nos portais ou das
caixas do correo á rúa ou calquera outra repartida fóra do
autorizado na presente ordenanza.
y) A deficiencia na limpeza de zonas verdes que den a unha vía
pública, así coma, deteriora-los elementos vexetais, atacar ou
inquietar os animais existentes nas zonas verdes ou abandonar nas
mesmas especies animais de calquera tipo.
z) Practicar xogos e deportes en sitios e de forma desaxeitada,
usando inadecuadamente o mobiliario urbano.
2. Consideraranse Infraccións Graves:
a) A reincidencia en tres infraccións leves.
b) Cambiar o aceite e outros líquidos ós vehículos na vía e espacios
libres públicos.
c) Realizar actos de propaganda mediante reparto, lanzamento de
carteis, folletos, follas soltas, etc., que luxen os espacios
públicos.
d) Omitir as operacións de limpeza despois da carga ou descarga de
vehículos ou incumpri-las obrigas do Artigo 10.
e) Incumpri-las normas relativas á retirada de cascallos procedentes
de obras e limpeza nas vías públicas que sinalan os Artigos 11 e 12.
f) Colocar carteis en lugares non permitidos e realizar inscricións
ou pintadas en lugares non autorizados segundo os Artigos 93 e 94.
g) Usar indebidamente ou danar os recipientes herméticos
subministrados polo Concello así como causar deterioración nas
papeleiras.
h) Abandonar mobles ou obxectos na vía ou espacios públicos.
i) Abandonar cadáveres de animais ou a súa inhumación en terreos de
dominio público.
j) Abandonar vehículos nas vías públicas.
k) Levar cans ou outros animais a lugares sinalados nos Artigos 45 e
46.
l) A omisión por parte dos propietarios dos terreos e edificacións
das obrigas sinaladas no artigo 87 desta Ordenanza, sen prexuízo do
establecido na lexislación urbanística.
m) A instalación e uso de aparellos de reproducción de música no
exterior dos establecementos.
n) A reiteración e habitualidade na producción de contaminación por
po, fumes, líquidos ou outros elementos sen adoptar as medidas
correctoras ou por insuficiencia das mesmas sen ter procedido á
tramitación do expediente de ampliación de actividade regulada nesta
Ordenanza.
o) Descoido na vixilancia de cans gardiáns que poidan ocasionar
perigo de agresión ás persoas e danos nas cousas ou perturbación da
tranquilidade cidadá.
p) Non facilitar o dono dun can que trabase a unha persoa os datos
que lle requira a persoa agredida ou as autoridades competentes.
q) Non advertir en lugar visible da existencia de cans.
r) Non cumprir coas prescricións de carácter sanitario que determina
o Artigo 52.2 e 52.4.
s) Deixar soltos en espacios exteriores animais daniños ou feroces.
t) Abandonar animais mortos.
u) Inflixir danos graves ou cometer actos de crueldade ou malos
tratos contra animais.
v) Non retira-los contedores de obras no prazo establecido.
w) A implantación de zonas verdes contravindo o disposto nos artigos
16, 17 e 23.
x) Usar vehículos a motor en zonas non autorizadas de parques e
zonas verdes excepto minusvalidos.
3. Consideraranse
Infraccións moi graves:
a) Reincidencia en dúas faltas graves.
b) Dedicarse á recollida, transporte ou aproveitamento de residuos
sen a debida autorización.
c) Non proporcionar ó Concello os datos relativos á natureza dos
residuos ou facilitar información falsa sobre os mesmos.
d) Vertido de lixos e residuos sólidos en lugares non autorizados.
e) Queimar lixos.
f) Depositar residuos clínicos.
g) Exercicio dunha actividade nun local que non dispoña de licencia
municipal de apertura, sen prexuízo do establecido na lexislación
urbanística.
h) O exercicio dunha actividade nun establecemento cando a súa
licencia se atope retirada provisional ou definitivamente ou
caducada, sen prexuízo do establecido na lexislación urbanística.
A obstrucción da saída de urxencia ou a falta de funcionamento das
portas antipánico
i) A rotura total ou parcial de árbores ou arrincar plantas de
parques, xardíns ou xardineiras públicas.
j) Que a acción ou omisión infractora afecte a plantacións que
estivesen catalogadas como de interese público.
k) Que o estado dos elementos vexetais supoña un perigo de
propagación de pragas ou enfermidades ou entrañe grave risco para as
persoas.
l) A celebración de festas, actos públicos ou competicións
deportivas sen autorización municipal.
Artigo 105.
Fíxase o seguinte cadro de sancións:
a) FALTAS LEVES: Apercibimento e multas de 20 euros a 100 euros.
b) FALTAS GRAVES: Multas de 100 euros a 500 euros e/ou peche
temporal da actividade.
c) FALTAS MOI GRAVES: Multas de 500 euros a 6.000 euros e/ou peche
temporal da actividade ou peche definitivo.
Artigo 106.
Para determina-la contía da sanción atenderase ás circunstancias
concorrentes nos feitos que a motivaron, tales como natureza da
infracción, grao de ntencionalidade e reincidencia así como aqueles
factores que poidan considerarse como atenuantes ou agravantes.
Artigo 107.
A prescrición das faltas producirase:
-INFRACCIÓNS LEVES: 6 meses.
-INFRACCIÓNS GRAVES: 2 anos.
-INFRACCIÓNS MOI GRAVES: 5 anos.
Disposición final:
Esta ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada polo Pleno da
Corporación segundo o procedemento previsto e fose publicado o seu
contido na forma e coas condicións que establece o punto 2º do
artigo 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de
Réxime Local.