O IES A PINGUELA CELEBRA O 25 ANIVERSARIO
GALERIA
FOTOGRAFICA DO ANIVERSARIO
VIDEOS do IES Apinguela
O IES A Pinguela inaugurouse no 1983 e nestes 25 anos foron moitos
os estudantes que pasaron polas nosas aulas, algúns deixaron máis
pegada que outros, pero de todos gardamos un bo recordo. Moitos
destes estudantes hoxe disfrutan dun bo empleo e moitos dos que se atopan en
Monforte envían os seus fillos o noso Instituto. Atrás quedan os tempos nos que para ter un
Xardín
Botánico, alumnos e profesores tiñan que emplearse a fondo para construilo, ou donde os alumnos para conseguir cartos para ir de
excursión ou incluso facer algunha actividade, tiñan que traballar
duro en grupo, así os nosos alumnos foron capaces de facer
actividades nas que sempre fomos referencia, destacando: desfiles,
exibicións de peluquería e estética, acampadas, excursións fora da
nosa comunidade, asistencia a congresos no exterior (máis de 20
países contaron con presencia de alumnos e profesores da Pinguela),
primeiros premios, a nivel local, provincial, autonómico e nacional,
etc. Tamén somos o único Centro escolar, no que en 20.000 metros
cadrados con que conta o xardín botánico (ten todalas especies
autóctonas de árbores de Galicia e máis de 200 especies),
temos, invernadoiro, estación meteoróxica, planetario e pabellón deportivo.
Historia de Apinguela en la década de los 80 y 90 (I) |
|
|