O
departamento de informática do IES A Pinguela está a por en marcha un
proxecto de estadías formativas en empresas na área de Utah (USA).
Dende
hai varios anos uns poucos IES de Galicia están a enviar alumnos de
distintos ciclos formativos a Utah para realizar estadías prácticas en
empresas como parte do módulo de FCT (Formación en centros de traballo).
Entre estes centros están o IES Luis Seoane (Pontevedra), o IES Ribeira
do Louro (Porriño) e o IES da Guía (Vigo), estudantes e profesores que mostramos na
Galería siguinte .
GALERIA
FOTOGRAFICA DA VIAXE
Do 6 ó
13 de maio deste ano 2006, Francisco Javier Álvarez Fernández,
profesor de informática do IES A Pinguela, realizou unha visita
preparatoria a Salt Lake City, capital do estado de Utah, para
coñecer as posibles empresas de acollida e ver de cerca as estadías que
están a realizar este ano alumnos de outros centros.
O plan é
iniciar as estadías formativas para alumnos do ciclo de informática o
vindeiro curso 2006-07.
Para
máis información, contactar con
fran@iesapinguela.com