I XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE EN MONFORTE 2007
O departamento de informática do IES
Apinguela de Monforte, en colaboración co Concello,
organiza para os días 1 e 2 de Febreiro as
I XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE EN MONFORTE.
Nestas xornadas de Software libre, darase a
coñecer á xente que nos ordenadores non teñen por qué instalar
sempre software polo que hai que pagar unha cantidade
considerable (se non tes licencia están cometendo un delito).
Todo o que se pode facer con Windows (e demais programas do
mercado que son de pago) pódese facer con software feito sen
ánimo de lucro. Con esa idea naceron os grupos de "software
libre". Nas xornadas veremos estes aspectos, así como a millor
forma de utilización deste software, donde se pode conseguir,
etc.
Moitas comunidades xa teñen os seus equipos
administrativos traballando con este tipo de software e en
Galiza estase empezando, no parlamento, por citar un exemplo, xa
aprobaron a súa utilización. Hai centros de ensino onde o único
co que se traballa é software libre, etc.
O principio a xente non se fiaba deste software,
porque faltaba soporte técnico, pero agora esto está a millorar,
como exemplo podeses visitar o portal
www.mancomun.org promovido pola Xunta de Galiza,
adicado sobre todo á difusión e dando soporte en software libre.
Enlaces de interés:
Recopilaciones
de software libre/gratuito
Software Libre, Sociedad Libre
La web del
software libre
Libro
blanco del software libre
|