Un ano máis os veciños de Ribasaltas a traveso da Asociación de
veciños e contando ca colaboura do Concello de Monforte, organizou a Festa da
Empanada.
fotos de JIM
LINDSEY -
Sylviidae
Este manxar "empanada" hai anos era moi apreciado non so no Val,
sobor de todo neste tempo e ata a festa do San Mateo en que cada grupo ou
familia asistente a romaría levaba unha empanada de "Papuxas, ou tamén chamadas
Paxaras - Silvia sp.", e non era raro o enviar a Madrid ducias destes paxaros a
uns precios moi altos. Neste tempo en Ribasaltas moita xente tiña unha gran
cantidade de "Esparrelas- Uz
- Erica sp.", trampas nas que se lle poñía bagullo
"froitos do
torvisco - Daphne gnidium" para cazar as papuxas. Había algún veciño que tiña cerca de 100 ducias
de esparrelas. Hoxe estes paxaros casi son inexistentes no Val, a pesar de que
esta ave migratoria está protexidas pola lei.
Este ano a pesar das impresionantes tormentas que nos acompañaron, reunironse
máis de 500 persoas na carpa montada na area de esparcemento de Ribasaltas asi
como nas mesas da dita area. Actuou o grupo de gaitas do Concello e antes de que
comenzara a tocar a orquesta, sortearonse duas empanadas e un enorme bolo de pan
cedidos por panadería Luna e tamén se sorteou un Xamón. A continuación fixose un
animado baile. |