Naturaleza
Jardín
botánico
Rutas por
la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte
en la historia
Proyectos
y actividades
Proyecto
Comenius
Actividades
A Pinguela
Riaca
Fotos
Vuestras fotos
Foto impacto
Enlaces
Prensa,
radio y televisión
Enlaces / links
Medio
Ambiente
Foro Jrcasan
Servicios
Trenes , autobuses
y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera
de cine
Mapas del
Mundo
Traductor (textos y webs)
|
DIA
4 DE AGOSTO
HOMENAXE A MANUEL MARIA (web do concello de Monforte)
Monforte de Lemos, 04/08/2006 |
Manuel María xa conta cun monumento nunha
praza de Monforte |
O pobo de Monforte rendiu no serán de onte unha merecida e sentida
homenaxe a Manuel María.
O Concello quixo tributar o seu repecto e admiración polo excelso
poeta, comprometido loitador, e grandioso conversador que pasou a
maior parte da súa vida na cidade do Cabe, erguendo un monumento na
súa memoria moi preto de onde residiu durante corenta anos, na Praza
da Ponte Fontecha.
Trátase dunha escultura do artista José Antonio Ferrer que
representa a Manuel María nunha actitude na que era frecuente velo
na librería Xistral que, xunto coa súa dona, rexentou ó longo de
moitos anos en Monforte. O poeta aparece sentado á beira dunha mesa
camilla, lendo un libro e agardando a chegada dun bo conversador. Ó
lado da mesa hai outra cadeira baleira para que quen queira poida
sentarse como se estivera de tertulia co gran conversador.
O acto de inauguración, ó que asistiron preto de 300 persoas, foi
conducido polo economista Manuel Rajo, quen subliñou que o obxectivo
do mesmo era “render tributo a un home que nunca perdeu a memoria”.
O Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, calificou ó poeta como
“un monfortino cabal”, lembrou algún dos seus versos e o seu
carácter comprometido coa cidade e coa comarca, así como o labor de
promoción dos poetas e literatos desta terra.
A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, sinalou na súa
alocución que “Monforte, grazas a Manuel María, converteuse nun foco
da irradiación da nosa cultura”.
Finalmente, a súa viúva, Saleta Goi, deu as grazas de xeito
emocionado “ó pobo de Monforte polos corenta anos nos que vivimos
aquí e nos que fomos moi felices”
Durante o acto escoitáronse dous poemas gravados recitados polo
propio Manuel María e soaron as notas dunha das súas pezas
predilectas “Alborada de Veiga”, así como o hino galego interpretado
por un cuarteto de gaiteiros.
Xunto á escultura que representa ó poeta e sobre o chan da praza,
colocouse unha placa cuns versos de Manuel María sobre o idioma
galego, versos que foron elixidos pola súa viúva: “O povo que deixa
perder a súa palabra/ creada, herdada, usada, revelada,/ aquela que
lle é propia e singular/ a que é únicamente súa, está empobrecendo ó
mundo/ e perpetrando o seu propio xenocidio”.
No acto, cargado de emotividade e admiración polo poeta, estiveron
presentes os concelleiros do equipo de goberno, varios membros da
Corporación, e os alcaldes de Pantón e Sober.
|
|
___________
VOLVER
|
|