FESTIVAL NOVAS MÚSICAS DE MONFORTE DE LEMOS. Agosto 2006
LL 21 - Entrada de balde - Praza de España
Mr. Dixie Jazz Band
Banda de jazz tradicional, de onde partiron o resto dos estilos posteriores,
cool jazz, harp bop, free etc.
Esta banda nace no ano 1999 baixo a batuta do trompetista Guillermo Lancelotti.
Sexteto cun swing contaxioso, un son brillante, excitante e festivo, os cales
mostrarán como é o estilo Chicago anos 30 e 40, o cal afunde as súas raíces no
Mississipi. O jazz de estilo New Orleans é o descendente directo das bandas de
música ambulantes “marchingband” e onde a improvisación colectiva é un elemento
característico.
Guillermo Lancelotti [trompetista, arranxista e director]; Victor Sánchez Milla
[clarinete e saxos]
Diego Rguez. [trombón]; Juan Cabezón [banjo e guitarra]; Oscar Prieto [tuba];
Fernando Lamas [batería]
M 22- Entrada 5 € - Auditorio
Carlo Actis & Baldo Martínez
Presentan o seu último traballo “Folclore imaginario” onde se reúnen dous
músicos pertencentes á primeira liña de improvisadores europeos, nun formato tan
atípico como é un dúo de contrabaixo e saxos improvisando libremente. O
resultado unha proposta onde se dá un paso adiante dentro do jazz europeo ao
fusionalo con músicas tradicionais, tan afastadas e tan próximas á vez, como a
galega e a italiana.
“... Pensar o folclore non como unha música exclusiva dunha zona xeográfica
concreta senón como unha forma de expresarte co outro, xa que é a túa voz a que
conecta con voces semellantes ...” (Baldo Martínez).
Mi 23 - Entrada de balde Praza de España
Maneta de camioneta
A formación integrada polo baterísta Joaquín Migallón, o guitarrista Lolo
Álvarez e o baixista Pepe Bao ofrecen alá onde van un impactante directo. No
escenario mestúranse estilos como o funky, o flamenco, o rock, os sons
brasileiros e o jazz sen ningunha limitación e cunha grande dose de
improvisación.
X 24 - Entrada de balde Praza de España
Fanjazz e Pepe Bao Atopamos, reunidos nun quinteto
de luxo, cinco músicos galegos de moi diversa procedencia os cales aportan as
súas experiencias do folk, jazz, pop, funky...
Unha proposta que recolle as mellores aportacións da cultura galega do século XX.
Blues, rock, pop, reggae, música latina, bossa e jazz son usados nas estruturas
harmónicas e rítmicas que utilizan, mesturadas para ser o fundamento das súas
improvisacións.
Carlos Calviño [guitarras]; Alberto Conde [teclados]; Carlos Castro [batería e
percusión]; Roberto Somoza [saxos e frauta] e Pepe Bao [baixo]
V 25 - Entrada 5 € - Auditorio
Perico Sambeat Trío. (P. Sambeat, Marc Miralta,
Javier Colina)
Desde hai xa uns anos existe unha estreita colaboración entre o contrabaixista
Javier Colina e o saxo Perico Sambeat, acompañados tamén de Marc Miralta á
batería.
Tratase dun grupo de grandes intérpretes do jazz, flamenco, son cubano...
facendo excelente música en directo, sen complexos. Músicos que apostan pola
mixtura de rítmos co jazz dun xeito serio e rigoroso.
S 26 - Entrada 5 € - Auditorio
Orquestra de Jazz de Matosinhos
Ao longo dos seus cinco anos de existencia a Orquestra de Jazz de Matosinhos
temse afirmado como unha das máis consistentes e regulares formacións do jazz
nacional, sendo o seu repertorio enteiramente constituído por música orixinal de
Carlos Azevedo e Pedro Guedes. Despois dunha primeira fase de presentacións
regulares no Héritage Café, a orquestra viu ampliado o seu espazo de actuacións
sendo hoxe un dos grupos de jazz máis solicitados en Portugal con presenza
asidua nos principias festivais de Jazz e nas principias salas de espectáculos.
Ademais da presentación da súa obra orixinal, onde foron convidados músicos como
Mark Turner, Chris Cheek e Rich Perry a orquestra amplía o seu abano de
encomendas de obras a compositores nacionais, presentada en Porto 2001 / Capital
da cultura xuntamente con o Remix Ensemble, ben como a compositores estranxeiros
como Carla Blay en 2003 e ao saxofonista Lee Konitz en 2006.
Dirección
Carlos Azevedo
e Pedro Guedes
Michael Joussein, Paulo Perfeito, Alvaro Pinto, Daniel Dias [trombóns]; Gonçalo
Dias [trombón baixo]; Erick Poirier, Rogelio Ribeiro, Susana Silva, José Silva
[trompetas]; José Luis Rego [saxo alto]; João Guimarães [saxo alto]; Mário
Santos [saxo tenor]; José Pedro Coelho [saxo tenor]; Rui Teixeira [saxo
barítono]; Pedro Guedes, Carlos Azevedo [piano]; Demian Cabaud [contrabaixo];
João Cunha [batería]
http://www.novasmusicas.com
|