Os sempre
activos veciños de Salcedo fixeron a I Festa da Malla, para o cual sementaron
pan, segaronno e o día 29 de agosto procederon a Malla tradicional de 500 mollos.
Empregaron unha malladora das que teñen o motor acoplado, unha limpadora e un
montón de traballadores ataviados para o efecto.
Co berro de
"malladores a aira" feito polo actor Pepe Penabade, o dono da malladora e Emilio
López procederon a poñer en marcha a antiga máquina, e o resto dos veciños de
Salcedo e ainda de fora da parroquia, participaron deste tradicional traballo,
que se iniciou ca malla duns mollos cos tradicionais mallos.
O rematar a
mall no local social de Salcedo representaronse catro propostas arredor da
malla, do grupo Volta e Dálle Teatro, nestas representacións tratase de facer
ver o cambio dunha sociedade tradicional e agraria noutra globalizada, na que o
pan xa non se amasa na artesa nin se fan todas aquelas labouras nas que se
precisaba a colaboura de todo o pobo, senó0n que agora faise casi todo o proceso
sin que interveña a mao do home.