O Centro Galego de Barcelona é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxos
antecedentes se remontan a 1892. O seu obxectivo é promover e difundir a
lingua, a cultura e as tradicións do pobo galego en Cataluña.
*O CGB organiza ao longo do ano diferentes actividades culturais, como
conferencias, coloquios, exposicións, concertos e funcións de teatro,
dirixidas tanto aos galegos residentes en Barcelona como á sociedade
catalá.
*Ademais, o CGB desenvolve un completo programa de formación,
especialmente no eido musical, con cursos estables de gaita, percusión,
acordeón, baile tradicional, solfexo e música coral, entre outros.
*O principal sustento do CGB son os seus socios e socias, que gozan de
vantaxes e descontos nas diferentes actividades que acolle o centro.
Neste 2011, celebrouse o I Festival de Gaitas, concurrindo músicos que
interpretaban pezas de Asturias, Bulgaria, Grecia, Escocia e os mais
numerosos os propios gaiteiros da Asociación do Centro Galego de
Barcelona