monforte de lemos

 

O COLEXIO FERROVIARIO CUMPLE 75 ANOS

 

 

 

Naturaleza
Jardín botánico
Rutas por la naturaleza
Ruta de senderismo
Monforte y Entorno
Monforte en la historia

Proyectos y actividades
Proyecto Comenius
Actividades A Pinguela
Riaca

Fotos

Vuestras fotos

Foto impacto

 

Enlaces
Prensa, radio y televisión
Enlaces / links
Medio Ambiente

Foro Jrcasan

Servicios
Trenes , autobuses y avión
E l tiempo
Prepara tu ruta
Cartelera de cine
Mapas del Mundo
Traductor (textos y webs)


 

Celebración del 75 aniversario - Actos (fotos y videos)

 

O CPR Ferroviario está situado na rúa da Coruña  (daquela chamada rúa do Progreso) e que este ano 2007 é moi especial para el e para nós posto que cumpre 75 anos. Foi levantado pola Asociación Xeral de Empregados dos Ferrocarrís de España, Zona 10, nun solar adquirido en 1929, e coñecemos o nome do arquitecto, D. Francisco Alonso Martos, así como o do encargado, Sr. Cons, e o do aparellador, D. Emilio Parreño.

facahda de colegio ferroviario promocion de colexio ferroviario

A primeira pedra foi colocada o 10 de Agosto de 1929, e a súa inauguración tivo lugar dous anos máis tarde (o 15 de Agosto de 1931) e constituíu todo un acontecemento en Monforte durando os festexos de tal celebración ata catro días, nos que non puideron faltar a clásica verbena, actuacións de teatro, tómbolas e concursos.

O edificio é amplio, confortable, cheo de luz e ventilación, sendo o único colexio de Galicia que, seguindo a típica construcción da zona, emprega sillares de granito e mampostería, e xa tiña auga corrente, calefacción, comedor e conserxe.   Inicialmente constaba de tres plantas, con capacidade para 350 alumnos distribuídos en sete aulas.  Hoxe en día, coa construcción dun bloque adicional pola parte posterior ao edificio principal esta capacidade víuse incrementada dun xeito moi notable, que cubre moi axeitadamente as necesidades educativas actuales. 

 As primeiras noticias que se teñen de que se pretende construir este edificio remóntanse a agosto de 1927. A iniciativa para construílo parte da Mutualidade da Asociación Xeral de Empregados Ferroviarios.  En setembro de 1928 tómase o acordo de comprar os terrenos para a construcción de un edificio destinado á escola por 19.000 ptas ; en decembro dese ano o Concello de Monforte acorda nun pleno conceder unha subvención de 5.000 ptas para tal fin.   Estas 19.000 ptas pagáronse do seguinte xeito

  • 13.000 ptas en catro mensualidades (1ª, 2ª, e 3ª de 1.000 ptas e a 4ª de 10.000) ao longo do ano 1929.

  • 5.000 ptas que aporta o Concello.

  • As 1.000 ptas restantes foron a recadación obtida nos festivais de A Coruña e Monforte así como dunha becerrada celebrada nesta cidade (da que se ten o contrato de arriendo da praza de toros).

  • Arquitecto, D. Francisco Alonso Martos

  • Encargado, Sr. Cons

  • Aparellador, D. Emilio Parreño  (presupuesto para o edificio, 205.405,36 Pts.

  • Notario, D. Manuel Banet,   gastos de escrituras, 255’30 ptas

             O acto de inauguración da construcción foi un grande acontecemento na localidade.  A primeira pedra foi colocada o día 10 de agosto de 1929 nun acto ao que asistiron o entonces Presidente da Asociación, Sr. Tejada, o arquitecto, D. Alonso Martos, e os vocais, Sres. Hurtado e  Almedo.

Ese día celebrouse tamén unha clásica verbena e unha becerrada que producíu un importante ingreso que fixo ter a certeza de que a contrucción do edificio se levaría a cabo sen interrupción.

 O edificio é o único de Galicia que emprega sillares de granito e mampostería.  Tiña (e ten) unha entrada en forma de atrio con porche cuberto, pensando no clima chuvioso da rexión. Consta de tres plantas cunha capacidade inicial para 350 alumnos distribuídos en sete aulas (hoxe en día, coa construcción dun bloque adicional pola parte posterior ao edificio principal esta capacidade víuse incrementada dun xeito moi notable, que cubre moi axeitadamente as necesidades educativas actuais), con comedor, cociña, recreo cuberto na última planta para os días chuviosos, e un amplo patio.  Ademáis tiña servicios dotados de retretes, lavabos e aseos, con abundante auga que se surtía dun pozo dentro da propia finca, elevándose a auga por unha modernísima bomba a presión, das primeiras que se instalaron en España, e que funcionaba automáticamente.  Polo tanto xa tiña auga corrente, calefacción, comedor, e tamén Conserxe.

 Era de pago o Colexio? Que cuota se pagaba?   Tiñan preferencias os fillos dos socios da Asociación e pagaban unha cuota arredor das 2’5 ptas.

 ACTO INAUGURAL -  (Do 13 ao 17 de Agosto 1931)

Ao acto inaugural foron invitadas as autoridades civiles y militares de provincias e da localidade:  o Gobernador de Lugo (Sr. López Bouza) acompañado do secretario, Sr. Bahamonde, o Inspector Xefe de Primeira Ensinanza de Primaria, D. Luis Soto Menor, o Alcalde de Monforte, D. Justo Mazaira Noguerol, e o Tenente de Garda Civil. Acudiron tamén representantes da Compañía do Norte, das zonas de Valencia, León e Madrid, da eléctrica de Ourense e o médico da Sanidade Local.

Realizáronse numerosos festexos, entre eles unha tómbola para que o comercio de Monforte fixo donación de moitos e variados regalos. Para solemnizar a inauguración e obsequiar ás autoridades presentes organizouse na fonda da Estación un  “lunch” (estaba previsto que fose no Colexio pero non foi posible).

 O programa das grandes festas organizadas con motivo da inauguración do edificio constituíu unha velada no Teatro Pricipal na que tomou parte o cadro artístico ferroviario e a Agrupación artístico-musical de Monforte e celebrouse o 13 de agosto de 1931.   A primeira parte consistíu nunha lectura dunha cuartilla literaria alusivas ao acto e escritas por un dos consocios  D. Pedro Castro; despois a rondalla interpretou o Himno de Riego e un pasodobre do mestre Villacañas.  Estrenouse o diálogo melodramático en prosa “Cando o Corazón Mande” e representouse “O Sorriso da Gioconda”;  no reparto de papeis únicamente actuaron homes e todos eles ferroviarios  (prescindiron de “actrices” e os seus papeis desempeñábaos os “actores”).   Bailáronse muiñeiras, e ao final da función rifouse un estupendo mantón de Manila, valorado en 750 ptas.

 Para os días 15, 16 e 17 organizouse unha gran verbena no patio da estación de Monforte (amablemente concedido para este feito pola Compañía do Norte).  Durante estas noites funcionou unha tómbola con innumerables regalos do comercio de Monforte e outras relacións de ferroviarios.

A parte triste dos festexos de inauguración foi o accidente que sufríu o  Gobernador Civil de Lugo, D. José López Bouza e o secretario do Goberno  Sr. Bahamonde cando o automóvil no que viaxaban de regreso a suas residencias volcou ao chegar a unha curva que hai entre Oural e Sarria, causándolle a morte ao Sr. Bahamonde.

jose ramon casanova otero

___________

gifVOLVER