RUTA DE SENDERISMO DOS MUÍÑOS
A Ruta de Senderismo de "OS MUÍÑOS" está no seu tramo final, así unha vez acondicionada polos mozos dos Campos de Traballo de Medioambiente que durante dous meses estiviron traballando para limpiala, logo persoal do Concello de Monforte rematou de acondicionar un tramo no que cumpría un tipo de ferramentas distinto. Oturo paso consistiu en percorrela e situar os lugares de interés (fontes, muíños, igrexas, etc.), sinalizamola convenientemente para que, se non imposible, que sexa moi difícil perderse. A segunda parte é, para nos, a máis importante, xa que sen ela sería una ruta onde se podería andar, pero nada máis, o que fixemos (entre Ánxela Rodríguez González e Xosé Ramón Casanova) foi preparar unha unidade didáctica, esta unidadee consta de Xogos didácticos sobre aspectos da ruta (xogo de parellas e trivial) e logo a propia unidade que consta de dúas partes diferenciadas. Unha primeira que trata sobre a forma de diferenciar as árbores que imos encontrar na ruta, esta parte, quen o desexe, poderá levarala a cabo no Xardín Botánico de A Pinguela, onde se diferenciarán (con axuda dun folleto que terá unha pequena clave,a descrición e fotos) as distintas árbores. Na outra parte da Unidade didáctica tratamos tódolos temas que imos ir encontrando pola ruta, tales como botánica e fauna, xeoloxía, monumentos, enerxías alternativas, usos e contaminación da agua, acuíferos, etc. Deste xeito pretendemos que a ruta, sirva para que as persoas ás que lles interesadasr poidan disfrutar e aprender de forma multidisciplinar os distintos aspectos con que o medio ambiente nos sorprende á vez que nos sustenta.
A ruta ten 20 km. que se poden percorrer en 4 horas e 30 minutos, cunha dificultade baixa. O ideal sería realizar a ruta en máis tempo para poder disfrutar das fermosas paisaxes, levando as provisións alimentarias precisas. A ruta dos Muíños ten ademáis unha particularidade, que cada 15 minutos imos encontrar cun lugar de interese. Esta comenza en:
0.- Esta primeira parada da ruta, non é imprescindible, pero quen o desexe pode realizarla, xa que servirá para logo poder coñecer e distinguir todolos árbores e arbustos que nos vamos atopaar na Ruta. No Xardín Botánico de “A Pinguela” veremos as distintas especies que vamos encontrar o tempo que pode aprenderse a utilizar unha clave dicotómica para identificar as distintas árbores e arbustos.
1.- Parque dos Condes. Saímos deica chegar á estrada, do outro lado da rúa veremos o primeiro sinal que nos indica que debemos virar á esquerda e ao outro lado da ponte nova baixar ao novo paseo do río Cabe. Seguimos por este paseo deica chegar á Ponte Vella, onde temos que saír á rúa para volver coller este paseo ao outro lado da ponte. Continuamos por esta parte de Ramberde deica chegar ao Multiusos, alí deberemos torcer á dereita para dirixirnos cara ao clube fluvial (este primeiro tramo levará 15 minutos).
2.-
3.-
4.-
5.-
camiño
que nos lleva a Freixo
6.-
7.-
8.- Seguimos esta estrada asfaltada deica encontrar unha desviación á dereita (Remoín) que tomaremos para chegar ao pouco tempo ao muíño "Do Penedo" (15 minutos).
9.-
10.-
11.- 12.- Seguindo este camiño chegaremos ao Morín (estrada de Lugo) (30 minutos). 13.- Agora debemos seguir a estrada deica chegar outra vez ao clube Fluvial (15 minutos). 14.- Desde aquí, aa saír á Ronda, collemos o paseo do malecón, pasando polo malecón, ponte vello, para chegar noutros 15 minutos ao Parque dos Condes.
Animamos aos monfortinos a disfrutar da ruta dos Muíños, que seguro que se a realizan de forma axeitada (calzado, preparación, etc.) disfrutarán de paisaxes incomparables
Autores: José Ramón Casanova y Ángela Rodríguez Gonzáles
|