Introducción e itinerario
 

Galeria de Imagenes con rio Sil seco

 

Video con el Sil sin agua

 

A ruta da Cubela, discorre polas terras da parroquia de Torbeo e remata na aldea da Cubela. As paisaxes características do canón do Sil móstranse en toda a súa grandiosidade ao longo de todo o itinerario, bordeado dunha variada flora autóctona. nas proximidades da ruta, os vestixeos arqueolóxicos e o patrimonio románico convinase co atractivo da arquitectura tradicional e as típicas terrazas vitículas da Ribeira Sacra.

A ruta comeza á altura da ponte de Augas Mestas, dende aquí hai que camiñar pola estrada que conduce a Castro de Abaixo, lugar situado a uns 700 metros. Nas proximidades desta aldea quedan algúns vestixios dun asentamento castrexo, así como o dunha esplotación aurífera romana. tras atravesar a poboación, atopamos xunto á última casa o camiño que nos levará ata A Cubela pola marxe esquerda do Sil.

Na metade do camiño encóntrase vexetación Mediterranea, mesturada coa propia vexetación Atlántica.

A Cubela levántase, a xeito de miradoiro, sobre o río Sil, xunto a un espectacular meandro. A arquitectura tradicional das súas vivendas consérvase en bo estado. A Cubela está asentada sobre unha explotación aurífera romana.

O regreso pode facerse pola ruta dos pescadores o carón do río, que consiste en seguir o curso do río Sil ata chegar a Castro de Abaixo, que coincide co lugar de saída.

En conclusión, trátase dunha ruta circular.O itinerario completo ten 14,7 kilómetros.A dificultade é media e o tempo para percorrela é de 4-5 horas aproximadamente.