Lugares de Interese
 

Galeria de Imagenes con rio Sil seco

 

Video con el Sil sin agua

 

En Torbeo encóntrase unha igrexa románica chamada Santa María de Torbeo, datada entre os séculos XII e XIII.

Unha igrexa de tipo mosteiral, con orixes monásticas. O templo ten forma de cruz latina xa que á nave principal se lle engadiron dúas capelas laterais barrocas moi reducidas do século XII. A nave é de planta rectangular cuberta de madeira destaca a parte principal con adornos en forma de arquivolta sobre as xanvas e círculos concéntricos sobre os frontís. Os ventanais do muro son de medio punto. O arco triunfal está apoiado sobre medias columnas. A obra maestra da decoración do templo son os seus capiteis respectivos, zoomorfos. A sancristía apegada no século XVI ten bóveda de crucería. Son tamén de interese a pía bautismal e a pía de auga bendita. No adro consérvase un lintel de granito posiblemente pertencente a unha porta do mosteiro.

Tamén cabe destacar o miradoiro de Torbeo situado a 500 metros da aldea, no cal pódese ver o río Sil entre as ladeiras das montañas da Ribeira Sacra.

Na Cubela atopamos a capela de san Antón que non ten ventás e está cuberta no interior dos diferentes santos.